Pasar al contenido principal

Estalmat-Galicia

O proxecto do Estímulo do Talento Matemático ponse en marcha en Galicia no 2007. ESTALMAT-Galicia súmase a iniciativa do insigne matemático D. Miguel de Guzmán, que xa estaba funcionando desde 1998 noutras comunidades co aval científico na Real Academia de Ciencias Exactas Físicas y Naturales de España. Cada ano selecciónanse 25 estudantes de 12 ou 13 anos de Galicia. Contando con 50 docentes de ensino medio e das tres universidades galegas, desenvólvense actividades que estimulan o seu talento matemático.

Imaxe representativa

Obxectivos propostos

O obxectivo é garantir que o talento detectado non se perda por falta de atención nas esferas do estudio formal. Traballamos para que a súa especial capacidade estea convenientemente orientada para o avance científico, calquera que sexa o campo profesional no que se desenvolva no futuro. As actividades desenvólvense os sábados pola mañá durante 2 cursos académicos consecutivos (20 sábados cada curso), coa posibilidade de continuar un terceiro ano (15 sábados) no que se denomina ESTALMAT-π, na Facultade de Matemáticas da USC. Os detalles sobre a organización están na web po proxecto.

Impacto

Programa de axuda ás actividades de Estalmat-Galicia. Cada curso participan 75 estudantes en tres grupos e desembolven actividades na Facultade de Matemáticas seguindo o programa https://www.estalmatgalicia.com/images/cursos/curso2425/ESTALMAT_programacion_Actividades_24_25.pdf que comeza para o alumnado de primeiro con un Campamento matemático. No programa están implicados uns 60 docentes de Ensino Medio e das tres universidades galegas que son os que organizan as sesións de tres horas de cada sábado, 20 sesións cada curso e cada grupo. Mantense un contacto directo coas familias e o proxecto está abalado científicamente pola Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales de España e pola Xunta de Galicia.

 

Recadado (2024): 1.920 €