Skip to main content

A USC comeza a conmemorar o Día Internacional das Mulleres

A USC comeza a conmemorar o Día Internacional das Mulleres
A USC comeza a conmemorar o Día Internacional das Mulleres
Colabora na mostra αφορά (Lembranzas) de María Maquieira

A USC, a través da súa Oficina de Igualdade de Xénero, comeza este mércores coa axenda de actividades de conmemoración do Día Internacional das Mulleres. Así, para reivindicar e visibilizar a discriminación que sofren as mulleres discapacitadas, colabora co acto que esta tarde organizan a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde de Santiago e a Asociación Tiresias Galicia, discapacidade visual:B1+B2+B3 en torno á exposición αφορά (Lembranzas) de María Maquieira que se poderá visitar na Fundación Eugenio Granell ata o 26 de marzo.

Precisamente nese espazo, e baixo o título ‘Mulleres con diversidade funcional’, terá lugar esta tarde ás 18.00 horas unha mesa redonda na que intervirán a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concepción Fernández; a coordinadora da Oficina de lgualdade de Xénero da USC, Eva Aguayo; a catedrática de Filosofía Política da USC, Mª Xosé Agra; a autora da mostra, María Maquieira; e a presidenta da oficina de Vida lndependente de Galicia, Ánxela López Leiceaga. Modera o encontro a presidenta da Asociación Tiresias Galicia, Lourdes Díaz.

The contents of this page were updated on 03.01.2017.