Skip to main content

Os Encontros na USC do Campus de Lugo desénvolvese os días 2 e 3 de abril

A iniciativa está organizada polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. FOTO: Santi Alvite
A iniciativa está organizada polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. FOTO: Santi Alvite
O estudantado preuniversitario poderá coñecer de primeira man a oferta académica e de servizos da sede universitaria luguesa
Lugo

O estudantado preuniversitario poderá coñecer de primeira man a oferta académica e de servizos do Campus de Lugo grazas á nova edición dos Encontros na USC que chegarán á capital luguesa os días 2 e 3 de abril. A iniciativa está organizada polo programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

No caso de Santiago de Compostela, arredor de 6.000 estudantes, procedentes dun cento de centros de Ensino Medio, puideron acceder entre o 30 de xaneiro e ata o 2 de febreiro, aos quince itinerarios deseñados para satisfacer os seus diversos intereses e orientar, deste xeito, as súas preferencias académicas.

 

The contents of this page were updated on 02.01.2024.