Skip to main content

Consultoría e investigación

O CERGI presta servizos de consultoría e de emisión de informes e ditames en temas de Goberno Corporativo, Responsabilidade social e Protección do Consumidor, a toda empresa ou persoa que o solicite, seguindo para o efecto o procedemento previsto pola USC para a prestación de servizos externos.

Investigación

Nos últimos anos, os seus membros desenvolveron diversos proxectos como:

  • Ordenación Xurídica da Economía Sostible.
  • Reformas para a Regulación dun Goberno Empresarial Sostible no marco da Economía Sostible.
  • Goberno Corporativo e Responsabilidade Social Empresarial: Respostas Xurídicas á Crise Económica e Financeira.
  • Goberno Corporativo: Equilibrio e Prioridades para a Protección do Investidor e outros intereses.
  • Novas Tecnoloxías, Bo Goberno das Entidades Financeiras e Protección do Consumidor en Galicia.

O enfoque da nosa liña de investigación sempre é multidisciplinar polo que tratamos de asociarnos sempre con investigadores e institucións nacionais e internacionais para o desenvolvemento dos nosos obxectivos.

Algunhas das súas actividades se enmarcan dentro do proxecto de investigación DER2010-22108-C02-02, "Ordenación xurídica para a economía sostible: Reformas para a regulación dun goberno empresarial sostible no marco da economía sostible", do Ministerio de Economía e Competitividade.

The contents of this page were updated on 04.23.2024.