Skip to main content

O profesor Ramón Villares Paz, honoris causa pola Universidade Rennes-2

O profesor Ramón Villares nun momento do seu discurso
O profesor Ramón Villares nun momento do seu discurso

A Universidade Rennes-2 acaba de investir doutor honoris causa ao catedrático de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares Paz, experto experto en historia agraria, historiografía e historia xeral de Galicia e autor de máis de setenta publicacións. Esta é unha distinción académica que a institución francesa outorga a “personalidades de mérito eminente, que se destaquen nos dominios da ciencia, a educación e a cultura, posuidores dun currículo de gran proxección internacional”.

No acto de aceptación e investidura, o profesor Villares Paz pronunciou o discursos titulado ‘ Bretaña na cultura galega. Similitudes e conexións’. Este novo grao súmase ao outorgados recentemente polas universidades de Minho (2015) e Bos Aires (1992).

Reitor da Universidade de Santiago entre 1990 e 1994, actualmente é o presidente do Consello da Cultura Galega dende 2006. Con anterioridade foi decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea, así como director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e consultor externo de entidades como o Instituto de Ciencias Sociais portugués ou presidente do Panel de Avaliación das Unidades de investigación en Historia de Portugal. Tamén pertence aos padroados do Museo do Pobo Galego, da Fundación Luis Seoane e da Fundación Otero Pedrayo.

The contents of this page were updated on 03.07.2017.