Skip to main content

Xornadas de iniciación ás carreiras de orientación

Alumnos de CC da Educación asistindo á clase teórica
Alumnos de CC da Educación asistindo á clase teórica
A Área Deportiva da USC vén organizando ao longo deste curso unhas xornadas de iniciación á orientación

Estas xornadas constan de dúas partes, unha pequena introdución de media hora na que se explica aos non iniciados como utilizar o mapa e o compás e unha práctica sobre o terreo.

Nesa práctica, xa co seu mapa e compás, os deportistas adestran nun percorrido no que poden participar por parellas e no caso dos máis avanzados comezan a facelo xa de xeito individual.

Ata agora esta actividade veuse realizando no Campus Sur e no Entorno de Galeras.

Como estas actividades, que se celebran ao aire libre, non precisan dunha instalación específica a xornada do 6 de febreiro celebrouse no Campus Norte.

Nesta ocasión ademais participaron moitos alumnos da facultade de Ciencias da Educación para vivir en primeira persoa a experiencia desta modalidade deportiva co fin de poder nun futuro ensinarlla aos seus estudantes.

The contents of this page were updated on 02.19.2024.