Skip to main content

Campionatos Galegos de Xadrez "Xunta de Galicia" sub 14 e sub 18

Podio do Campionato Galego de Xadrez
Primerios clasificados na categoría sub 18
A Federación Galega de Xadrez clausurou onte os Campionatos Galegos destas categorías que se celebraron no hotel Scala de Padrón

Os xogadores de xadrez puideron gozar deste competición deportiva, que aproveitando o fin de semana e as vacacións de Entroido, tivo lugar no hotel Scala de Padrón.

Hai que resaltar que todos os xogadores da Sección Deportiva de Xadrez da USC que participaron neste encontro nas diferentes categorías melloraron os seus ELOs. En todo caso, hai que destacar os excepcionais resultados de dous xadrecistas da USC que con só 15 anos acadaron os mellores postos na categoría sub18.

Proclamouse campión o xogador Diego Cacheiro Blanco do Club USC, Xulio del Prado Rodríguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi o Subcampión e terceiro Eduardo Cabañas López (Club USC).

Tamén participou nesta categoría Antón Quintás Otero de 16 anos.

Na sub14 gañou o xogador do CX Mos Javier del Valle Crespo. Por parte da USC participou con un moi bo resultado o sub 12 Lois Quintás Otero.

The contents of this page were updated on 02.19.2024.