Skip to main content

Abre o prazo da convocatoria de propostas de estudos propios da USC para o curso 2024-2025

A oferta de estudos propios abrangue diversas áreas de coñecemento. FOTO: Santi Alvite
A oferta de estudos propios abrangue diversas áreas de coñecemento. FOTO: Santi Alvite
A USC conta cunha ampla oferta orientada á formación especializada e á actualización profesional tanto para persoas tituladas como para as non tituladas

A nova convocatoria de propostas de estudos propios para o curso académico 2024-2025 permanecerá aberta desde o 15 de febreiro ata o 30 de marzo de 2024. A USC conta cunha ampla oferta de estudos propios orientados á formación especializada e á actualización profesional tanto para persoas tituladas como para as non tituladas, a través de diversas modalidades de cursos: Mestrados de Formación Permanente, Diplomas de Especialización e Diplomas de Experto/a, cursos de Formación Continua e Cursos de Formación Específica.

A formación impartida a través do Centro de Estudos Propios (CEP) conta cunha ampla taxa de satisfacción entre o alumnado, xa que permite adquirir coñecementos altamente especializados tanto de xeito presencial, como híbrido ou integramente virtual. Na actualidade, o CEP xestiona e oferta cursos propios na práctica totalidade das diversas ramas de coñecemento, a través das áreas de Ciencias Experimentais e Ensinanzas Técnicas, Ciencias da Saúde, Ciencias Xurídicas e Sociais e Humanidades.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de marzo de 2024 para os Mestrados de Formación Permanente, Diplomas de Especialización e Diplomas de Experto/a. No caso dos Cursos de Formación Continua e de Formación Específica, a convocatoria estará aberta durante todo o curso académico 2024-2025. As propostas de solicitudes deberán dirixirse ao CEP a través da web.

The contents of this page were updated on 02.15.2024.