Skip to main content

Exame oficial de lingua xaponesa NOKEN

O exame Noken realizase unha vez ao ano en España e celébrase o primeiro domingo de decembro de cada ano. O Centro de Linguas Modernas da USC converteuse en 2012 no centro examinador para Galicia dos exames NOKEN.

O exame oficial de nivel da lingua xaponesa NOKEN (Nihongo nōryoku shiken) está tutelado e organizado a nivel mundial pola Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), que son organismos oficiais dependentes do goberno xaponés con competencias culturais. O certificado oficial do exame NOKEN ten validez internacional e é recoñecido en todo o mundo.

The contents of this page were updated on 02.19.2024.