Skip to main content

Certificazione di Italiano come lingua straniera (CILS)

Dende 2007, o CLM da USC é centro examinador en Galicia para os exames CILS da Università per Stranieri di Siena para a Lingua Italiana como lingua estranxeira.

O CILS (Certificazione di Italiano come lingua straniera) é a certificación da Università per Stranieri di Siena, unha das universidades públicas italianas autorizadas por lei para o ensino do italiano a estranxeiros e a obtención de títulos oficiais de coñecemento do italiano como segunda lingua. Co CILS pódense acreditar seis niveis do MECRL, no CLM convócase soamente o nivel DUE-B2.

Hai dúas convocatorias: Decembro e Xuño.

Requisitos

Ter 18 anos. Non ter a nacionalidade italiana, ou, en caso de tela por ser fillo de emigrantes, non ter vivido en Italia de maneira continuada, circunstancia que a persoa interesada deberá acreditar presentando unha declaración persoal.

Inscrición

As prazas son limitadas, para facer a inscrición coa seguridade de dispor dunha delas cómpre:

  1. Consultar a dispoñibilidade de prazas enviando un e-mail á coordinadora das probas. 
  2. Confirmada a dispoñibilidade, facer o pagamento e enviar a documentación requirida a maior brevidade
  3. So despois da recepción da documentación a praza considerase garantida definitivamente. Confirmarase a recepción.
  4. Para a consulta e o envío da documentación o enderezo e-mail é: cristina.hernandez [at] usc.es (cristina[dot]hernandez[at]usc[dot]es) / cristina.hernandez [at] usc.gal (cristina[dot]hernandez[at]usc[dot]gal)

Imprescindible

  1. Poñerse en contacto coa coordinadora antes de comezar o proceso de inscrición.
  2. Formalizar a inscrición á maior brevidade despois de ter a confirmación da dispoñibilidade da praza, de non ser así, enténdese que non ten intención de usala e a praza adxudicarase a outra persoa. 

Se non se seguen estas indicacións, aínda no caso de ter feito o pagamento e a inscrición no prazo establecido, a praza non está garantida.

Documentación

  1. Fotocopia do DNI, pasaporte ou carné de conducir. Cómpre que as dúas caras do DNI estean no mesmo arquivo. O formato pode ser pdf, jpeg o jpg. e non pode superar os 2Mb.
  2. Formulario de inscrición, incluíndo a folla referente ó tratamento de datos.
  3. Copia do resgardo do pagamento dos dereitos de exame que serán ingresados no numero de conta de ABANCA ES5420800300843110000482.

Cada candidato deberá presentar o seu xustificante de pago (non se admitirán ingresos colectivos) e no momento do ingreso deberá indicar:
MOTIVO DO INGRESO: O seu nome completo e “Exame CILS”
BENEFICIARIO: USC-CLM-CILS. En ningún caso o nome da coordinadora.

A Universidade per Stranieri di Siena non ten prevista a devolución do importe dos dereitos de exame. No caso de non poder facer a proba, se é por motivos xustificados, é posible solicitar o seu adiamento. Se a Universidade per Stranieri di Siena o considera xustificado, a proba poderase facer noutra sesión de exame, previo pagamento de unha taxa de 10 € no momento da nova inscrición.
 

The contents of this page were updated on 11.28.2024.