Skip to main content

Cursos intensivos de verán e outros cursos

O CLM ofrece tamén cursos intensivos de verán, durante os meses de xuño e xullo, para a comunidade universitaria e a todas as persoas maiores de 18 anos. Máis que contidos gramaticais, preténdese ofrecer técnicas e práctica de destrezas, estratexias de comunicación, así como contidos específicos e funcionais útiles nas estadías profesionais e privadas no estranxeiro, así como a práctica da destreza de expresión oral no marco dos exames oficiais.

A superación dos cursos de verán dá dereito a un certificado nominal de asistencia ou aptitude (en caso de superalo) da USC coa denominación do curso, o nivel MECRL a que corresponde, a súa duración en horas, o tipo e a modalidade, o curso académico en que se desenvolveu así como a cualificación acadada polo alumno/a. Se o curso acredita nivel segundo o MECRL, engadirá a cualificación numérica e acreditará ese nivel para a USC. Ademais, poderá dar lugar ao recoñecemento de créditos ECTS para os estudos de grao na USC.

Podes consultar a oferta de cursos intensivos entrando no apartado correspondente de cada lingua.

The contents of this page were updated on 08.21.2024.