Skip to main content

Últimas horas para solicitar praza no Programa de Titores

As candidaturas seleccionadas participarán nun proceso formativo, Imaxe de arquivo dos Encontros na USC, dirixidos a alumnado preuniversitario. FOTO: Santi Alvite
As candidaturas seleccionadas participarán nun proceso formativo, Imaxe de arquivo dos Encontros na USC, dirixidos a alumnado preuniversitario. FOTO: Santi Alvite
As persoas participantes colaborarán no desenvolvemento de actividades de acollida a estudantes de novo ingreso

Máis de 200 prazas conforman a oferta inicial do Programa de Titores, unha iniciativa na que as persoas participantes colaborarán no desenvolvemento de actividades de acollida a estudantes de novo ingreso. Á convocatoria pode concorrer estudantado universitario que teña superado, como mínimo, 30 créditos. As solicitudes poderán presentarase nos decanatos ou direccións dos centros ata o vindeiro 21 de febreiro.

As candidaturas seleccionadas participarán nun proceso formativo para achegar a futuros/as titores/as os coñecementos necesarios para desenvolver adecuadamente as actividades previstas para o segundo curso. Neste senso, no período formativo inclúense tres bloques temáticos sobre coñecementos básicos do funcionamento da USC, divulgación da oferta de servizos e programas da institución e formación específica para o labor de titores/as. Esta primeiro período formativo desenvolverase en 12 sesións de 90 minutos cada unha entre os días 4 e 21 de marzo, de luns a xoves en horario de 20.15 a 21.45 horas.

Xa no segundo curso, as persoas que accedan á convocatoria colaborarán na acollida dos e das estudantes de novo ingreso exercendo de titor/a durante todo ano académico e nas actividades do programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC.

The contents of this page were updated on 02.20.2024.