Skip to main content
Esta acción formativa configúrase como un obradoiro-círculo dirixido ao alumnado universitario, que se desenvolverá en dous formatos diferenciados, con dous grupos distintos, un presencial e outro virtual.

Constituiranse dous espazos nos que, a través da reflexión compartida, buscarase o desenvolvemento das competencias afectivas das persoas participantes desde unha perspectiva feminista e queer. Ao longo de seis sesións, en modalidade presencial física, para un grupo, e telemática síncrona para outro, levaranse a cabo actividades e dinámicas moi diversas: de expresión verbal e artística, xogo grupal, análise de obxectos culturais, debates, etc., -sempre adaptándose ás características, necesidades e intereses do alumnado-, e en consonancia cos obxectivos da formación.

The contents of this page were updated on 02.28.2024.