Skip to main content
  • USC

O Concurso PIMAga 2024 busca as propostas que se desenvolven en Galicia para conmemorar o Día Internacional das Matemáticas

Interior da Facultade de Matemáticas. Foto: Santi Alvite
Esta convocatoria está aberto a iniciativas de calquera nivel educativo. Foto: Santi Alvite
O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o 31 de marzo e poderán concursar docentes de todos os niveis educativos

O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) pon en marcha o Concurso PIMAga, proxecto divulgativo que pretende descubrir as actividades que realiza o alumnado de Galicia para celebrar o Día Internacional das Matemáticas, o vindeiro 14 de marzo, 3/14 na súa notación anglosaxoa e catalogado como o Día Internacional das Matemáticas.

A convocatoria está deseñada para que aos/as docentes de todos os niveis educativos que exercen o seu labor na comunidade autónoma de Galicia poidan participar nesta actividades a través da resposta á cuestión ‘Que fas na túa aula para celebrar o Día Internacional das Matemáticas?’. A resposta á pregunta deberá incluír un texto explicando a actividade ou proxecto realizado na aula e poderá de forma optativa de calquera outro material adicional que axude á súa mellor comprensión. Para participar será preciso enviar á proposta ao correo citmaga [at] citmaga.gal (citmaga[at]citmaga[dot]gal), indicando o nome da persoa que promove a proposta e do centro de procedencia, nivel educativo da aula na que se desenvolve a proposta e a correspondente explicación

O prazo de presentación de propostas estará aberto ata o 31 de marzo (incluído) e, nas propostas presentadas, valorarase o grao de execución e desenvolvemento da iniciativa, a exposición e forma na que se presenta e a súa orixinalidade. O xurado do concurso estará composto polos cinco integrantes da Comisión de Divulgación Científica do CITMAga: Miguel Brozos Vázquez, María Isabel Borrajo García, Laura López Paz, Marta Pérez Rodríguez e Miguel Picos Maiztegui.

 

The contents of this page were updated on 03.04.2024.