Skip to main content

Últimos días para presentar proxectos á sexta convocatoria Seed Funding de EUniWell

Estudantes no Campus Norte da USC. FOTO: Santi Alvite
Estudantes no Campus Norte da USC. FOTO: Santi Alvite
O prazo de envío de propostas pecha o 10 de marzo e os proxectos innovadores seleccionados poderán recibir unha subvención de ata 25.000 euros

A Universidade Europea do Benestar EUniWell, na que se integra a USC, ten aberta a sexta convocatoria Seed Funding. Este programa de financiamento persegue a colaboración de persoal investigador, profesorado, estudantado e persoal administrativo de toda a alianza EUniWell para poñer en marcha proxectos que melloren, de xeito diverso e significativo, o benestar na academia ou na sociedade en xeral.

Cada proxecto innovador pode recibir unha subvención máxima de 25.000 euros, que pode distribuírse entre os diferentes socios do proxecto. Valoraranse especialmente aquelas propostas cun marcado carácter colaborativo entre categorías –persoal investigador, profesorado, estudantado e persoal administrativo–, áreas ou ámbitos, universidades, etc. Poden consultarse os proxectos seleccionados en convocatorias anteriores na páxina de EUniWell.
 
O prazo de envío de propostas pecha este domingo 10 de marzo; a avaliación de propostas comezará o 15 de marzo e o Comité de Selección finalizará as decisións de financiamento a finais do mes de abril. Para calquera consulta ou axuda, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con euniwell [at] usc.gal (euniwell[at]usc[dot]gal)

The contents of this page were updated on 03.07.2024.