A biblioteca de Filosofía celebra o medio século de vida da Facultade cunha mostra bibliográfica
A exposición pode visitarse na planta baixa do edificio, onde poderemos atopar leccións maxistrais e unha escolma de libros escritos polo profesorado das diferentes áreas de coñecemento
Para celebrar o cincuenta aniversario da Facultade de Filosofía, a biblioteca organiza unha mostra coa que fai un repaso pola produción bibliográfica desta área de coñecemento neste medio século.
A exposición está sitúada na planta baixa do edificio e nela inclúense leccións maxistrais lidas na inauguración dos cursos, ademais dunha escolma de libros escritos polo profesorado das diferentes áreas de coñecemento da Facultade: Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral e Lóxica e Filosofía da Ciencia. Poderá visitarse ata finais de maio.
Na conta de Instagram da biblioteca @busc_historiafilosofia, poderás coñecer as vindeiras actividades conmemorativas.