Pasar al contenido principal

A biblioteca de Filosofía celebra o medio século de vida da Facultade cunha mostra bibliográfica

Na mostra inclúense inclúense leccións maxistrais lidas na inauguración dos cursos
Na mostra inclúense inclúense leccións maxistrais lidas na inauguración dos cursos
A exposición pode visitarse na planta baixa do edificio, onde poderemos atopar leccións maxistrais e unha escolma de libros escritos polo profesorado das diferentes áreas de coñecemento

Para celebrar o cincuenta aniversario da Facultade de Filosofía, a biblioteca organiza unha mostra coa que fai un repaso pola produción  bibliográfica desta área de coñecemento neste medio século.

A exposición está sitúada na planta baixa do edificio e nela inclúense leccións maxistrais lidas na inauguración dos cursos, ademais  dunha escolma de libros escritos polo profesorado das diferentes áreas de coñecemento da Facultade: Antropoloxía Social, Filosofía, Filosofía Moral e Lóxica e Filosofía da Ciencia. Poderá visitarse ata finais de maio.

Na conta de Instagram da biblioteca  @busc_historiafilosofia, poderás coñecer as vindeiras actividades conmemorativas.

Cartaz da mostra bibliográfica do cincuenta aniversario da Facultade de Filosofía
Cartaz da mostra bibliográfica do cincuenta aniversario da Facultade de Filosofía
Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.03.2024.