Skip to main content

Bota a andar a primeira convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación

Os contidos quedarán a dispor da comunidade estudantil e da sociedade en xeral. FOTO: Santi Alvite
Os contidos quedarán a dispor da comunidade estudantil e da sociedade en xeral. FOTO: Santi Alvite
O prazo para formalizar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 30 de abril
Lugo, Santiago de Compostela

A Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela acaba de publicar as bases da convocatoria para a creación de contidos dixitais formativos e de divulgación. Grazas a ela, o persoal docente e investigador da USC poderá contar co apoio dunha oficina de virtualización para o tratamento dos contidos dos que xa dispoña ou ben, que elabore para a ocasión, sendo o fin último destes contidos quedar a dispor da comunidade estudantil e da sociedade en xeral en forma de contidos dixitais de alta calidade e con licenzas abertas.

A oficina tratará os contidos segundo a súa orixe: os xa existentes serán normalizados, adaptándoos e actualizándoos, de ser o caso, mentres que os novos contidos e recursos dixitais pasarán por unha fase de deseño e produción. En ambos casos será o paso previo para a súa publicación nas novas ferramentas corporativas con licenza aberta.

As persoas solicitantes deberán ser membros do PDI, PI ou grupos de innovación docente da USC, e terán ata o día o 30 de abril de 2024 para presentar a súa solicitude de participación. A información completa da convocatoria, así como o anexo de solicitude, poden consultarse no espazo web do Centro de Formación de Persoal e no Taboleiro Electrónico da USC.

The contents of this page were updated on 04.26.2024.