Skip to main content

A alimentación complementaria nos bebés ‘Baby Led Weaning’ centra un curso o 3 de marzo na Facultade de Ciencias

Cartaz da xornada formativa sobre BLW
Cartaz da xornada formativa sobre BLW
A experta en Nutrición Lidia Folgar Latorre guiará esta xornada formativa promovida por Adinu Galicia e trala que se presentará o libro ‘Aprender a comer solo’

A Asociación de Dietistas e Nutricionistas Universitarios de Galicia (Adinu) celebra o vindeiro 3 de marzo na Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC unha xornada sobre alimentación complementaria e guiada polos bebés, o que se coñece como ‘Baby Led Weaning’.

Esta acción formativa estará guiada pola experta en Nutrición Humana e Dietética Lidia Folgar Latorre, cuxa actividade profesional se centra actualmente no estudo do Baby Led Weaning (BLW) como enfoque de introdución da alimentación complementaria nos bebés. A propia relatora do curso aproveitará este encontro con estudantes de Nutrición Humana e Dietética, así como con outras persoas interesadas na temática, para presentar o libro ‘Aprender a comer solo’

O curso sobre BLW programado na Facultade de Ciencias de Lugo está dirixido inicialmente a estudantes e profesionais do ámbito da nutrición humana e dietética, pero tamén está aberto á participación de todo tipo de público. As sesións formativas desenvolveranse en quenda de tarde, de 16.30 a 18.30 horas e as persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición, ademais de obter máis información ao respecto dos contidos deste curso a través do correo electrónico formacion.adinugalicia [at] gmail.com (formacion[dot]adinugalicia[at]gmail[dot]com).

The contents of this page were updated on 02.24.2017.