A directiva de Jealsa Rianxeira aborda este xoves na Facultade de ADE as particularidades da empresa familiar en Galicia
A directora de Comunicación da corporación empresarial Jealsa Rianxeira, Margarita Hermo Filgueira, ofrecerá este xoves, a partir das 17.00 horas, no salón de graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas (Ade) do Campus Terra da USC, o relatorio ‘A empresa familiar en Galicia’.
Hermo Filgueira, que desde 2003 desenvolve as funcións de directora da Asociación Galega de Empresa Familiar, aproveitará este encontro con estudantes e profesores da Facultade de ADE para abordar algunhas das particularidades que presentan as empresas familiares en Galicia, así como doutras das singularidades do tecido empresarial galego.
O relatorio que ofrecerá Margarita Hermo Filgueira, especialista en relacións públicas e xestión de empresas familiares, encádrase no marco das actividades promovidas pola Cátedra de Empresa Familiar da USC, na actualidade dirixida pola decana da Facultade, Begoña Barreiro Fernández.