Skip to main content

A Universidade de Santiago segue a traballar nas versións en galego de normas UNE

O Servizo de Normalización Lingüística ten xa publicadas as dúas primeiras que afectan a Óptica. Foto: Santi Alvite
O Servizo de Normalización Lingüística ten xa publicadas as dúas primeiras que afectan a Óptica. Foto: Santi Alvite
En base a unha colaboración coa Facultade de Óptica, o Servizo de Normalización Lingüística ten xa publicadas as dúas primeiras que afectan este centro

A Universidade de Santiago, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, colabora dende hai anos coa Asociación Española de Normalización (UNE) para facer versións en galego de normas UNE. O servizo universitario completou xa hai tempo as normas 9001 e 14001, dúas das máis empregadas no contorno empresarial, e dende hai uns meses comezou unha colaboración coa Comisión de Normalización da Facultade de Óptica para traducir algunhas normas UNE do ámbito da óptica oftálmica nas que ten máis presenza a terminoloxía técnica.

En base a esta última colaboración, a USC ten xa publicadas en versión galega as dúas primeiras -a UNE-EN ISO 7998:2007 (https://plataforma-aenormas-aenor-com.ezbusc.usc.gal/standard/UNE/N0038…) e a UNE-EN ISO 8624:2021 (https://plataforma-aenormas-aenor-com.ezbusc.usc.gal/standard/UNE/N0065…)-, nun plan de traballo máis amplo que se completará con outras tres normas sobre lentes de anteollos, lentes de contacto e lentes intraoculares.

A relación de normas que van tendo versión galega ao abeiro deste convenio poden consultarse na páxina https://www.usc.gal/gl/servizos/area/normalizacion-linguistica/mellorar/terminoloxia/multimedia. Ademais, os membros da comunidade universitaria da USC poden consultar e descargar de balde estas e outras a través da aplicación AENORmás que xestiona a Biblioteca Universitaria.

 

The contents of this page were updated on 03.25.2024.