

O proxecto ten por obxectivo xeral abordar a grave problemática da xeración de residuos no sector de aparellos eléctricos e electrónicos en 4 países de América Latina e propor solucións baseadas no deseño e difusión de modelos de negocio circulares. Para iso, proponse analizar as condicións de partida e as posibles estratexias para contribuír ao desenvolvemento e implantación da economía Circular en México, Ecuador, Arxentina e Cuba, como unha vía para contribuír a un desenvolvemento máis sustentable e socialmente inclusivo abordando ao mesmo tempo varios dos obxectivos da axenda 2030.
Fases do proxecto

Resultados:
Actividade 1: Diagnose detallada de cada un dos países
Actividade 2: Proposta de modelos de negocios
Actividade 3: Guía para a implantación