Graduación da terceira promoción do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos
A terceira promoción do Máster Universitario en Enxeñaría Química e Bioprocesos da USC celebrará este venres 24 o seu acto de graduación nunha cerimonia que terá lugar ás 18.30 horas no Salón de Actos da ETSE presidida pola vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido.
No acto intervirán a alumna Alba Álvarez Calviño; a madriña da promoción, Isabel Vidal Tato; a coordinadora do posgrao, Julia González Álvarez; o director da ETSE, Antonio Mosquera González; a secretaria do Departamento de Enxeñaría Química, Ana Soto Campos; e a responsable de Xestión Integrada de ATI Sistemas S.L., Marta Trueba Gayol.