Sala de Xuntas
CNL da Facultade de Psicoloxía e Servizo de Normalización Lingüística
Nestas xornadas trataranse os beneficios do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza as 'III Xornadas sobre bilingüismo: a lingua na práctica profesional da psicoloxía, un encontro que se desenvolverá o 24 de abril de 16.30 a 18.30 horas na Sala de Xuntas do centro e no que se tratarán os beneficios (e a necesidade) do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional da Psicoloxía.
No encontro, Manuel Bermúdez Blanco, presentará un relatorio sobre o Regulamento de Usos Lingüísticos da USC. Nel farase un breve percorrido polo seu artigos e farase especial énfase en como afecta á actividade nas aulas.
A seguir, Onésimo Huncos Rabadán, profesor ad honorem da USC, falará sobre o bilingüismo e as afasias.
Por ultimo está previsa unha mesa de experiencias na que Rocío García Calvo e Ana Buján Mera falarán sobre a o valor do galego na práctica profesional da psicoloxía.
A asistencia é de balde previa inscrición, que pode cursarse ata o 23 de abril a través da Secretaría Virtual da USC para os membros da comunidade universitaria e a través deste formulario para as persoas de fóra.
