Skip to main content

A USC obtén unha medalla de bronce no Campionato de España Universitario de halterofilia

David Rodríguez Carballo, bronce en halterofilia
David Rodríguez Carballo, bronce en halterofilia
En hípica a representante da Universidade compostelá foi a segunda universitaria galega na clasificación na modalidade de salto de obstáculos

O deportista da USC David Rodríguez Carballo, estudante de Veterinaria, vén de conseguir a medalla de bronce na categoría de menos de 81 quilos do Campionato de España Universitario de halterofilia celebrado en Los Alcázares (Murcia). Rodríguez Carballo obtivo un total de 245 puntos sumando os logrados nas dúas partes da proba na que participou no campionato de halterofilia, nas que conseguiu 102 na primeira e 143 na segunda.

Pola súa banda, Verónica Villamor Oltra, tamén estudante do grao de Veterinaria, participou en Villafranca del Castillo (Madrid) nas probas do Campionato de España Universitario de Hípica, no que foi a segunda deportista universitaria galega na clasificación xeral.

Verónica Villamor xa tiña experiencia na participación en certames universitarios de hípica, e obtivo unha medalla de bronce en hípica na modalidade de salto de obstáculos no torneo disputado en Segovia nos Campionatos de España Universitarios de 2023, nos que a USC obtivera en total oito medallas no conxunto de disciplinas.

The contents of this page were updated on 04.08.2024.