Skip to main content

Fondo pesar na USC polo pasamento do profesor José Mª Nieto Martínez

O finado José María Nieto Martínez incorporouse á USC en 1987
O finado José María Nieto Martínez incorporouse á USC en 1987
O catedrático do Departamento Anatomía e Produción Animal da USC desenvolveu unha destacada traxectoria académica e científica na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo
Lugo

A Universidade de Santiago está de loito polo pasamento do catedrático do Departamento Anatomía e Produción Animal na Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo, José María Nieto Martínez, un membro da comunidade universitaria querido e recoñecido no eido da docencia e a investigación.

Vencellado desde os seus primeiros anos á Facultade de Veterinaria, á que se incorporou en 1987, Nieto Martínez finou en Madrid, onde residía desde hai un lustro trala súa xubilación. O seu pasamento xerou este mércores especial pesar no Campus de Lugo, onde desenvolveu unha destacada traxectoria científica e académica, ademais de dirixir durante moitos anos o servizo de diagnóstico do Hospital Veterinario Rof Codina. A institución únese así á dor de familiares e amizades nestes duros momentos.

 

The contents of this page were updated on 04.10.2024.