Skip to main content

Sétimo concerto das sonatas de Beethoven a cargo do pianista Manuel López Jorge

Sétimo concerto das sonatas de Beethoven a cargo do pianista Manuel López Jorge
Sétimo concerto das sonatas de Beethoven a cargo do pianista Manuel López Jorge

As sonatas para piano de Beethoven volverán soar este martes 18 no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia. Nesta ocasión, o pianista compostelán Manuel López Jorge interpretará, a partir das 20.30 horas, a Sonata 24 en Fa sostido maior Op. 78 (A Teresa), a 25 en Sol maior Op. 79, a 26 en Mi bemol maior Op. 81a (Os adeuses) e a Sonata 27 en Mi menor Op. 90 .

Nado en Santiago de Compostela e na actualidade establecido en Londres, Manuel López Jorge desenvolve un intenso labor como pianista e compositor. Ofreceu recitais en moitas das salas máis prestixiosas de Londres incluíndo St. Martin-in-the-Fields, Steinway Hall e St. James Picadilly.

Manuel recibiu dous anos consecutivos o primeiro premio no concurso Leonard Smith e foi tamén galardoado co Byran Jeejeebhoy ao remate dos seus estudos de mestrado e co John Thompson á excelencia en música de cámara.

Como compositor, as súas obras foron interpretadas en distintos auditorios de Inglaterra e España, estreando a súa propia sonata para piano en Deptford (Londres) en 2011. Manuel foi alumno durante seis anos do recoñecido compositor Antón García Abril e na actualidade prosegue a súa formación co estadounidense Stephen Montague.

Na actualidade atópase finalizando cunha bolsa da Fundación Pedro Barrié de la Maza a súa tese de doutoramento no Trinity Laban Conservatoire of Music and Dance, onde previamente obtivo o mestrado en interpretación pianística na clase de Deniz Arman Gelenbe.

The contents of this page were updated on 04.17.2017.