Skip to main content

Dereito bota a andar este xoves 3 de outubro o congreso internacional ‘A seguridade nacional no mar’

Cartel da xornada
Cartel da xornada
A conferencia inaugural correrá a cargo do xefe da Unidade de Riscos do Departamento de Seguridade Nacional Antonio Notario
Santiago de Compostela

O Congreso Internacional ‘A seguridade nacional no mar: máis alá da estratexia de seguridade marítima’ bota andar este xoves 3 de outubro, a partir das 9.30 horas, na sala de xuntas da Facultade de Dereito. Baixo a dirección dos profesores Isabel Lirola Delgado e Rafael García Pérez, este foro especializado estenderase ata o venres 4 de outubro.

Este encontro atópase estruturado en dous bloques, por unha banda, retos e ameazas á seguridade marítima global, e pola outra, as respostas europeas e nacionais á inmigración e fronteiras no mar. O xefe da Unidade de Riscos do Departamento de Seguridade Nacional, Antonio Notario, impartirá a conferencia inaugural baixo o título ‘Máis alá da estratexia de seguridade marítima: o seu plan de acción”.

Investigadores das universidades de Cádiz, Illas Baleares, Jaén, Valencia, Málaga, Uned, Rey Juan Carlos de Madrid, así como da universidade italiana de Trento daranse cita esta semana na Facultade de Dereito. Xunto a eles, Francisco José Ruiz González da Escola Superior das Forzas Armadas, e Laura Rebollo Villarino, xefa da Área de Operacións Aeronavais de Vixianza Aduaneira abordarán, respectivamente, o rol da Unión Europea e de España ante os retos e ameazas para a seguridade marítima global.

Este congreso organízase ao abeiro do proxecto I+D+IDER2016-78272-R: ‘España ante os novos retos da seguridade marítima: instrumentos e estratexias no marco internacional, europeo e peninsular’.

The contents of this page were updated on 12.16.2019.