Skip to main content

As xornadas CRUE Internacionalización e Cooperación desenvolveranse en Compostela a vindeira semana

Vista xeral do Campus. Foto: Santi Alvite
Vista xeral do Campus. Foto: Santi Alvite
Ente os días 6 e 7 de maio tratarán os desafíos actuais das universidades o ámbito da internacionalización, a mobilidade inclusiva ou a cooperación ao desenvolvemento

As XXI Xornadas CRUE Internacionalización e Cooperación celebraranse a vindeira semana na Cidade da Cultura organizadas polas tres universidades públicas galegas. En dúas xornadas, os días 6 e 7 de maio, esta xuntanza sectorial abordará, entre outras cuestións, os desafíos actuais das universidades no ámbito da internacionalización da educación superior, o impacto académico das Alianzas de Universidades Europeas ou a mobilidade inclusiva, así como as diversas facetas nas que as universidades poden contribuír substancialmente á Cooperación ao Desenvolvemento,

O encontro permitirá igualmente compartir casos de boas prácticas e avanzar no deseño de novas iniciativas que permitan ampliar o potencial de internacionalización e cooperación das Universidades para ter capacidade de adaptación ás necesidades dun entorno globalizado e en constante transformación.

The contents of this page were updated on 04.30.2024.