O reitor recibiu a nova coordinadora do Consello do Estudantado da USC
O reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, recibiu este venres no seu despacho de San Xerome a nova coordinadora do Consello do Estudantado, elixida no Pleno do pasado 3 de abril e con Andrés Couso Viana como presidente.
Na xuntanza, a representación do estudantado compartiu co reitor os seus retos máis inmediatos, que pasan por dar a coñecer este órgano a toda a comunidade universitaria e pola promoción da participación estudantil en todos os órganos de goberno universitario. Ademais, tal e como lle explicaron, a nova coordinadora quere traballar coa Vicerreitoría de Estudantes e Cultura na preparación e divulgación das diversas axudas e actividades de dinamización e participación do estudantado na vida universitaria.
Conforman esa coordinadora, ademais de Andrés Couso, Iria Liñares Cereixo como vicepresidenta, Joaquín Moreiras Dacosta como secretario, Lucía Lucía Gil Martínez como tesoureira e Antonio Vázquez Martínez na coordinación do Campus de Lugo, Á fronte de Relacións Exteriores e Internacionalización está León Felipe Ureña Sánchez; da de Desenvolvemento Normativo e Calidade, Diego López Seoane; da de Investigación, Lía Pereira Seijo; de Igualdade, Rocío González González; de Infraestruturas e Servizos, Aitor Capeáns Caramés, e de Lingua e Cultura, Carme Giráldez Salgado.