Skip to main content

Entrega de material educativo elaborado por alumnado de Formación de Profesorado á Once

O decano da Facultade de Formación do Profesorado do campus de Lugo da USC, Francisco Rodríguez Lestegás; a profesora responsables da materia ‘Dificultades de aprendizaxe e trastornos de desenvolvemento’, María José Fiuza, e o director da axencia administrativa da Organización Nacional de Cegos de España (Once) en Lugo, Roberto Doval Sánchez, participarán este mércores 26 de abril o acto de entrega á Once do material didáctico e educativo para a inclusión elaborado por estudantado de último curso do grao de Mestre/a de Educación Primaria dentro do proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) que se desenvolve no centro universitario en colaboración coa axencia da Once en Lugo.

A sesión, que se desenvolverá a partir das 16.00 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado, servirá tamén para expoñer as maquetas bi e tridimensionais, así como contos táctiles escritos en galego e español utilizando o código Braille, xogos de parellas, calendarios, puzles... Este material educativo, apto tamén para nenos e nenas con cegueira, discapacidade visual e mesmo xordo cegueira, foi elaborado polo alumnado da Facultade grazas ao asesoramento prestado por persoal especializado da Once.

The contents of this page were updated on 04.25.2017.