Skip to main content

Conferencia en Farmacia do profesor Alberto Arce sobre as fontes de enerxía

Conferencia en Farmacia do profesor Alberto Arce sobre as fontes de enerxía
Conferencia en Farmacia do profesor Alberto Arce sobre as fontes de enerxía

O profesor emérito da USC Alberto Arce ofrece este mércores 26, ás 19.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia, a conferencia ‘As fontes de enerxía e a súa situación en España’, organizada por Alumni USC.

O profesor Arce foi director do Departamento de Enxeñaría Química durante 11 anos en varios períodos na Facultade de Química e na Escola Técnica Superior de Enxeñaría. Tamén foi coordinador de Tecnoloxía Química da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP) desde 1980 a 1993 e membro das ponencias da Comisión Interministerial de Ciencia e Tecnoloxía (CICYT) durante varios anos máis.

Foi representante español no Working Party of Applied Thermodynamics da Federación Europea de Enxeñería Química e membro do Steering Committee do European Symposicum of Applied Thermodynamics.

Dirixiu e co dirixiu 25 teses doutorais e máis de 60 proxectos de fin de carreira ademais dunha vintena de tesinas. Coordinou o grupo de investigación HI-1616 da USC e participou en 23 proxectos de investigación autonómicos, nacionais e europeos. No seu haber conta con 200 traballos publicados, dos que 183 están indexados na WOK.

En 2015 recibiu a Insignia de Ouro da USC e en 2016 a Encomenda da Orde de Alfonso X O Sabio.

The contents of this page were updated on 04.25.2017.