Skip to main content

Máis tempo para visitar ‘Galicia inédita’ e 'Álvaro de la Vega. Xéneros e números'

Esculturas na mostra de Álvaro de la Vega. FOTO: Santi Alvite
Esculturas na mostra de Álvaro de la Vega. FOTO: Santi Alvite
A exposición de fotografía na Igrexa da Universidade poderá verse ata o 24 de maio e a de escultura estará exposta no Colexio de Fonseca ata o 31 de maio

A Área de Cultura da USC prolongou o período de exhibición das mostras ‘Galicia inédita’ e 'Álvaro de la Vega. Xéneros e números'. A primeira delas estará aberta na Igrexa da Universidade ata o 24 de maio e a segunda no Colexio de Fonseca ata o 31 de maio.

A exposición ‘Galicia inédita’ reúne un total de 73 obras de fotógrafos de prensa que traballan na nosa comunidade e procura poñer en valor o seu labor, dando a coñecer ao gran público unha representación da súa obra, que nalgúns casos son inéditas e, noutros, foron publicadas en medios impresos galegos.

A mostra de Álvaro de la Vega preséntase como un espazo de encontro para tres obras, “un número curto que contén outros números: dous conxuntos grupais integrados por trinta e oito elementos que nos suxiren a densidade como idea vertebral da mostra e outra obra, solitaria e espida no medio das multitudes”, explica o autor.

The contents of this page were updated on 05.14.2024.