Skip to main content

Banda Crebinsky presenta este xoves na Praza de Santa María o seu último traballo, ‘Zirkus Affe’ no marco do ciclo Lubicán

Banda Crebinsky
Banda Crebinsky
O concerto, de entrada libre e de balde, comezará ás 21.00 horas. En caso de choiva trasladarase ao auditorio da Facultade de Veterinaria

Banda Crebinsky, a orquestra popular xurdida do universo imaxinario do filme Crebinsky, desembarca de novo este xoves 27 de abril na luguesa Praza de Santa María para presentar un avance do seu último traballo, ‘Zirkus Affe’, ademais de para interpretar outras composicións do seu xa amplo repertorio, no marco do ciclo Lubicán.

O concerto de Banda Crebinsky comezará ás 21.00 horas e está encadrada dentro da programación cultural organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da Deputación e do Concello de Lugo, así como da USC.

‘Zirkus Affe’ é un traballo pensado para os directos no que Banda Crebinsky experimenta non poucos cambios respecto dos primeiros pasos dados na escena musical por unha formación nada hai xa sete anos. Este traballo abandona un pouco os ritmos balcánicos que caracterizaron de sempre o traballo musical desta orquestra popular, que, nesta nova entrega, camiña cara o mundo árabe, aínda que cunha maior presenza de temas en galego.

Neste terceiro traballo, Banda Crebinsky deixase levar, como eles mesmo din, “pola música sen pasaportes”. Aínda así, este grupo non renuncia á súa formación de oito músicos en directo, capaces de ofrecer un contundente directo no que convidan ao público a involucrase na súa viaxe musical.

The contents of this page were updated on 04.26.2017.