Skip to main content

A investigadora posdoutoral Ana Rita Sa Leite Dias, premio extraordinario de doutoramento 2021/2022

Ana Rita Sa Leite Dias é actualmente investigadora posdoutoral no Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Ana Rita Sa Leite Dias é actualmente investigadora posdoutoral no Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
A investigación realizada por Ana Rita Sa Leite Dias, cuxa tese foi defendida en decembro de 2021, recibiu o premio extraordinario de doutoramento na Área de Ciencias Sociais e Xurídicas (subárea de Psicoloxía) da Escola de Doutoramento Internacional da USC
Santiago de Compostela

Por acordo do Consello de Goberno do día 26 de abril de 2024, resolveuse conceder a Ana Rita Sa Leite Dias o premio extraordinario de doutoramento 2021/2022 na Subárea de Psicoloxía, dentro da Área de Ciencias Sociais e Xurídicas. O seu proxecto de tese levaba por título Representation and processing of grammatical gender: Analysing the gender congruency effect.

Tivo como directoras á profesora Isabel Fraga Carou, da Universidade de Santiago de Compostela, e á profesora Montserrat Comesaña Vila, da Universidade do Minho.

Ana Rita Sa Leite Dias formouse no Programa de Doutoramento en Procesos Psicolóxicos e Comportamento Social. O traballo científico durante o período de execución da tese estivo apoiado por axudas do Programa para Formación de Profesorado Universitario (FPU). Completouse con dúas estadías, na Radboud University, dos Países Baixos, e na Universidade do Minho, o que lle permitiu obter a Mención de Doutoramento Internacional. Na actualidade é investigadora posdoutoral na Universidade de Santiago de Compostela, integrada no grupo Procesos Cognitivos e Conduta, e adscrita ao Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía.

The contents of this page were updated on 05.22.2024.