Skip to main content

Proxecto CHESGA

Os corpus paralelos reveláronse como un instrumento de moita versatilidade e utilidade na didáctica das linguas estranxeiras. O proxecto CHESGA (nome composto polas iniciais CHeco - ESpañol - GAlego) está baseado nun sistema de conxunto de textos en lingua de orixe e traducidos a diferentes linguas estranxeiras e alineados por unidades discursivas. Funciona a través da web aproveitando as posibilidades que ofrecen as ligazóns para proporcionar ao alumno outras versións lingüísticas de cada oración ou das súas partes. O seu propósito principal consiste en contribuir a mellorar as habilidades comunicativas do alumno mediante as prácticas de comprensión lectora, escoita, traducción inversa, dictados, exercizos de vocabulario e de gramática.

O proxecto CHESGA surxiu no marco do Campus virtual da USC Virtual , unha plataforma empuxada pola Universidade de Santiago de Compostela para facilitar a integración das novas tecnoloxías na didáctica e a aprendizaxe a distancia. Na actualidade está disponíbel para checo, español e galego, pero está preparado para a incorporación inmediata/rápida doutras linguas.

Os textos escollidos forman parte dunha selección de contos humorísticos de Jiří Suchý, un dos autores contemporáneos máis coñecidos no seu xénero na República Checa. No caso de versión en galego, trátase o mesmo tempo da primeira traducción dun texto literario do checo a esa lingua románica. A idea de traducir os contos ao galego e español xurdiu no ano 1994 no seo dun dos cursos de Lingua e Cultura Checa que se imparten desde o ano 1988 no Centro de Linguas Modernas da USC (antes Instituto de Idiomas), sendo pioneiras en toda España. Distintas promocións de alumnos participaron na empresa ata elaborar as presentes versións dixitais en checo, galego e en español.

The contents of this page were updated on 05.29.2024.