Skip to main content

O Instituto Federal de Educaçao, Ciència e Tecnología de Goiás explora novas ligazóns académicas e de I+D co Campus Terra

Integrantes da delegación do Instituto Federal do Goiás, entre Francisco Rodríguez Lestegás e Javier Bueno
Integrantes da delegación do Instituto Federal do Goiás, entre Francisco Rodríguez Lestegás e Javier Bueno

Unha delegación académica do Instituto Federal de Educaçao, Ciencia e Tecnologia do Goiás (Brasil) vén de completar unha visita á Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC, ao abeiro do convenio que mantén a USC con este centro brasileiro para a formación de doutores en Educación.

A comitiva brasileira, encabezada polo vicerreitor de Investigación e Posgrao do Instituto Federal de Goiás, Ruberley Rodrigues de Souza, aproveitou a súa estadía en Lugo para visitar algúns centros do Campus Terra da USC, onde tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a súa oferta de estudos e servizos. Acompañados do decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, Francisco Rodríguez Lestegás, os representantes do Instituto Federal do Goiás visitaron a Vicerreitoría de Coordinación do campus lugués, onde mantiveron un encontro co vicerreitor Javier Bueno. De seguido, a delegación académica brasileira trasladouse á Escola Politécnica Superior, onde mantivo reunións de traballo para explorar novas posibilidades de intercambio de docentes e estudantes de grao e posgrao, así como outras liñas de colaboración no eido da formación e tamén da investigación.

The contents of this page were updated on 02.08.2017.