Os Premios Follas Novas do Libro Galego, novo centro de interese na Biblioteca Xeral
A Biblioteca Xeral conta cun novo centro de interese, nesta ocasión dedicado aos Premios Follas Novas do Libro Galego que celebraron este ano a súa novena edición. Nel, podemos atopar a obra Cinco corujas de Susana Sanches Aríns, galardonada co premio de narrativa; Ser cetáceo de Francisco Xosé Ferández Naval, premiado na categoría de ensaio e investigación; Maruja Mallo. Enigmáticamente única de Bea Gregores e María Canosa, que acadou o premio de mellor libro ilustrado e Fago o que podo de Afra Torrado que resultou gañador na categoría de mellor libro de banda deseñada, gráfico e humor.
O centro de interese está sitúado na Sala de Lectura da Biblioteca Xeral, no primeiro andar. Todos os exemplares son prestables.
Os Premios Follas Novas
Os Premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.
Estas son as obras premiadas desta novena edición:
- Ensaio e investigación
Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú. - Obra de divulgación
O cento voando. Amores, alianzas e monogamias. Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia. - Narrativa
Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora. - Obra infantil
A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xerais de Galicia. - Obra xuvenil
Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno. - Libro ilustrado
Maruja Mallo. Enigmáticamente única. Bea Gregores e María Canosa. Editorial Bululú. - Libro de banda deseñada, gráfico e humor
Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila. - Premio á iniciativa bibliográfica
Colección Candemaia. Edicións Laiovento. - Obra traducida
Deiche ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka. - Poesía
Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia. - Teatro
Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno. - Mellor libro editado
O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. Cumio Editorial. - Promoción da lectura
Espazo Lectura de Gondomar