Pasar al contenido principal

Os Premios Follas Novas do Libro Galego, novo centro de interese na Biblioteca Xeral

Detalle do centro de interese que se pode visitar na Sala de Lectura da Biblioteca Xeral
Detalle do centro de interese que se pode visitar na Sala de Lectura da Biblioteca Xeral
A mostra bibliográfica, que conta con obras premiadas nesta novena edición dos galardóns, está sitúada na Sala de Lectura da biblioteca.

A Biblioteca Xeral conta cun novo centro de interese, nesta ocasión dedicado aos Premios Follas Novas do Libro Galego que celebraron este ano a súa novena edición. Nel, podemos atopar a obra Cinco corujas de Susana Sanches Aríns, galardonada co premio de narrativa; Ser cetáceo de Francisco Xosé Ferández Naval, premiado na categoría de ensaio e investigación; Maruja Mallo. Enigmáticamente única de Bea Gregores e María Canosa, que acadou o premio de mellor libro ilustrado e Fago o que podo de Afra Torrado que resultou gañador na categoría de mellor libro de banda deseñada, gráfico e humor.
O centro de interese está sitúado na Sala de Lectura da Biblioteca Xeral, no primeiro andar. Todos os exemplares son prestables.

Os Premios Follas Novas
Os Premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.
Estas son as obras premiadas desta novena edición:

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.06.2024.