Skip to main content

As Universidades de Santiago e Swansea buscan novas vías de colaboración

As Universidades de Santiago e Swansea buscan novas vías de colaboración
As Universidades de Santiago e Swansea buscan novas vías de colaboración
Unha delegación da USC visita estes días a universidade galesa

Unha delegación da USC encabezada polo reitor Juan Viaño visita esta semana a Universidade galesa de Swansea para manter diversas reunións cos seus responsables e con grupos de investigación interesados en establecer contactos coa institución compostelá. O encontro prodúcese meses despois dunha reunión similar en Santiago na busca de novas vías que fortalezan e amplíen as relacións xa existentes nos eidos da investigación, docencia e o intercambio de persoal.

De feito, ambas as dúas institucións manteñen unha estreita colaboración dende hai anos que hoxe se materializa en 79 publicacións internacionais indexadas na base de datos Scopus, con especial énfase nos campos da física de altas enerxías, electrónica computacional e química. Ao igual que a USC, a Swansea University mantén un lugar destacado entre as universidades do seu ámbito territorial, destacando polo seu impacto na última avaliación de 2014 do UK Research Assessment Framework.

Ademais do reitor Juan Viaño, viaxaron a Swansea as vicerreitoras de Internacionalización e de Investigación e Innovación, así como investigadores no ámbito de Dereito, Economía, Filoloxía Galega, Física e Matemática Aplicada.

The contents of this page were updated on 02.10.2017.