Skip to main content

Xa se coñecen as persoas gañadoras do IV Concurso de Fotografía da Natureza da Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural

O primeiro premio foi para Juan Villarino Fernández-Ardisana polo seu traballo titulado ‘Erithacus rubecula’

A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC vén de resolver o IV Concurso de Fotografía da Natureza: Aves, que se desenvolveu nos meses de marzo, abril e maio deste ano.

O primeiro premio, de 300 euros, foi para Juan Villarino Fernández-Ardisana polo seu traballo ‘Erithacus rubecula’; o segundo, de 200 euros, para Fernando Anido Pedreira pola fotografía ‘Lambón’; e o terceiro, de 100 euros, para Luis Gutiérrez Molina por ‘Sombra e cor’.

O xurado estivo formado por fotógrafos profesionais e afeccionados con coñecementos na materia, que elixiron as persoas gañadoras por votación secreta. Os premios serán entregados no acto de inauguración da exposición das mellores fotografías do concurso, que terá lugar o mércores 19 de xuño ás 18:30 horas no Museo de Historia Natural da USC.

Foto gañadora do segundo premio. 'Lambón', de Fernando Anido Pedreira.
Foto gañadora do segundo premio. 'Lambón', de Fernando Anido Pedreira.
O terceiro premio foi para Luis Gutiérrez Molina por 'Sombra e cor'
O terceiro premio foi para Luis Gutiérrez Molina por 'Sombra e cor'
The contents of this page were updated on 06.18.2024.