Skip to main content

A USC acolle en setembro a primeira edición en España da Escola de Verán IPSA-AECPA en ciencia política

Antonio López e Juan Montabes asinaron o acordo. Foto: Santi Alvite
Antonio López e Juan Montabes asinaron o acordo. Foto: Santi Alvite
O acordo asinouse esta mañá no Colexio de San Xerome

A Facultade de Ciencias Políticas da USC acollerá este próximo mes de setembro a primeira edición da Escola de Verán IPSA-AECPA, que forma parte da rede mundial de programas metodolóxicos da International Political Science Association (IPSA), xunto con outras organizadas na Universidade Nacional de Singapur, FLACSO-México, a Universidade de Stellenbosch en Sudáfrica ou a Técnica de Oriente Medio en Turquía. A que terá lugar en Santiago é a primeira a nivel internacional cuxa responsable é unha asociación estatal, neste caso a Asociación Española de Ciencia Política e da Administración (AECPA).

O acordo para o desenvolvemento desta actividade formativa asinárono este xoves no Colexio de San Xerome o reitor da USC, Antonio López, e o presidente da AECPA, Juan Montabes Pereira.

A misión de IPSA é promover a investigación empírica en ciencia política e disciplinas afíns en todo o mundo. Así, a Escola ofrece formación avanzada a estudantes de posgrao e académicos que desexen reforzar as súas competencias metodolóxicas. Exercerán a dirección e a coordinación desta I Escola de Verán IPSA-AECPA as profesoras da USC Nieves Lagares Diez e Erika Jaráiz Gulías, respectivamente.

 

De  esquerda a dereita, Erika Jaraiz, Antonio López, Juan Montabes e Nieves Lagares. Foto: Santi Alvite
De esquerda a dereita, Erika Jaraiz, Antonio López, Juan Montabes e Nieves Lagares. Foto: Santi Alvite
The contents of this page were updated on 06.14.2024.