Skip to main content

Alumnado de primaria explica en Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das tecnoloxías como material didáctico

A xornada celebrouse este luns en Ciencias da Educación dentro da materia 'Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de Xesús Rodríguez. Foto: Servimav-USC
A xornada celebrouse este luns en Ciencias da Educación dentro da materia 'Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de Xesús Rodríguez. Foto: Servimav-USC

Un grupo de escolares de 5º e 6º curso de educación primaria do CPI Plurilingüe Virxe da Cela foron os encargados este luns de presentar ante alumnado universitario de Ciencias da Educación a súa experiencia na utilización das novas tecnoloxías como material didáctico. Esta iniciativa desenvolveuse no marco das actividades complementarias da materia ‘Deseño e avaliación de materiais didácticos’ de 4º curso do grao de Mestre.

Na xornada, as profesoras Camino Pereiro e Lucía Abarrategui xunto co grupo de escolares amosarán como a través de técnicas de traballo cooperativo é posible integrar as TIC como tecnoloxías para a aprendizaxe e o coñecemento. Concretamente, o alumnado de 5º e 6º do centro de Virxe de Cela son os protagonistas dun proxecto práctico no que empregan as tecnoloxías emerxentes -programación e robótica- e tradicionais –programa de radio- como ferramentas de traballo na aula. Nesta sesión en Ciencias da Educación explicarán o proceso de traballo realizado.

The contents of this page were updated on 04.03.2017.