Obxectivos
A riqueza e diversidade das coleccións que alberga o Museo de Historia Natural da USC, co seu enorme valor científico, histórico e didáctico, é froito do traballo e xenerosidade de científicos e coleccionistas dos séculos XIX, XX e XXI, moitos de eles galegos. Na celebración do 10º aniversario do Museo no actual edificio, queremos aumentar a súa visibilidade o poñer en valor os seus fondos mediante unha serie de charlas-coloquio, abertas ao público, con persoas fondamente ligadas ao Museo, porque traballaron nel, porque estudaron a súa historia ou porque fan uso del na súa práctica científica. Asemade, farase unha exposición sobre a súa historia e as actividades desenvolvidas nestes derradeiros anos.