Skip to main content

O catedrático da Universidade Rovira i Virgili e especialista no xacemento de Els Munts de Altafulla visita a Domus do Mitreo

Visita da delegación encabezada por Ruiz de Arbulo á Domus do Mitreo
Visita da delegación encabezada por Ruiz de Arbulo á Domus do Mitreo

O catedrático de Arqueoloxía do Departamento de Historia da Arte da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona Joaquín Ruiz de Arbulo, que é especialista no estudo do xacemento romano de Els Munts de Altafulla, un enclave localizado a apenas uns doce quilómetros da capital tarraconense e no que tamén se conserva un mitreo (templo dedicado ao deus Mitra) vén de completar unha visita de estudos á luguesa Domus do Mitreo.

Ruiz de Arbulo, que recalou en Lugo acompañado do profesor Pedro López Barja, do Departamento de Historia da USC, así como doutros investigadores da institución académica compostelá, participou nunha visita ao xacemento lugués guiada polo arqueólogo Celso R. Cao, logo de manter un encontro coa vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo.

Na súa estadía no xacemento lugués, o investigador da Universidade Rovira i Virgili fixo especial fincapé nas diferencias existentes entre a ruína achada en Tarragona e o enclave romano sobre o que se levantou o Museo da Domus do Mitreo.

The contents of this page were updated on 11.20.2017.