Skip to main content

Ana María Bermejo Barrera, nova directora do INCIFOR

A profesora Bermejo é catedrática de de Toxicoloxía na USC dende 2007. FOTO: Santi Alvite
A profesora Bermejo é catedrática de de Toxicoloxía na USC dende 2007. FOTO: Santi Alvite
O Instituto Mixto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’ desenvolve funcións docentes e de investigación na área de Medicina Legal
Santiago de Compostela

A profesora da USC, Ana María Bermejo Barrera, é a nova directora do Instituto Mixto de Ciencias Forenses ‘Luis Concheiro’ (INCIFOR), que desenvolve funcións docentes e de investigación na área de Medicina Legal, así como de asesoramento á Administración de Xustiza. A profesora Bermejo substitúe no cargo a Victoria Lareu.  

Catedrática de Toxicoloxía na USC dende 2007, a profesora Bermejo exerceu como secretaria do INCIFOR dende o ano 2012, onde tamén é responsable do laboratorio de toxicoloxía forense. Ten exercido como investigadora principal nunha decena de proxectos e en numerosas actividades de transferencia. A súa produción científica abrangue a dirección dunha vintena de teses de doutoramento e máis dun cento de publicacións.

O INCIFOR é un Instituto de carácter mixto, creado por mor dun convenio entre a USC e a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia no ano 1992, aínda que leva realizando labores de investigación e servizos desde o ano 1978. Inicialmente foi denominado Instituto de Medicina Legal. Ofrece unha ampla carteira de servizos que están ao dispor tanto de organismos públicos, como de clientes privados.
 

The contents of this page were updated on 07.17.2024.