Skip to main content

Xornada en Ciencias Económicas sobre o acceso ao mundo laboral

Alumnado de último curso así como de doutoramento son os destinatarios do encontro ‘Da universidade á empresa’ que organizará a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

A vicedecana desta Facultade Loreto Fernández e o director da Zona Noroeste de APD, Santiago Sesto, inaugurarán a xornada este venres 17 nun acto ás 11.00 horas. Deseguido comezarán a quenda de intervencións coa participación de Cándido Cancelo, CEO de BMC Desarrollo Industrial y Mobiliario, e de Alberta Varela, socio de Servitalent. Falarán sobre a busca de emprego, o traballo en equipo, a negociación, a xestión do risco, a utilización das redes sociais, novas formas de traballo na era dixital, xestión de clientes, liderado ou a definición dunha marca persoal, entre outros moitos temas. A inscrición así como o programa completo da xornada está dispoñible na web conmemorativa do 50 aniversario dos estudos de Economía en Galicia.

The contents of this page were updated on 11.13.2017.