10.28.2024-12.11.2024
Scopus oferta unha formación de seis semanas orientada a desenvolver novas habilidades e competencias relacionadas coa investigación e a avaliación, coa creación de programas de apoio aos usuarios e o intercambio de experiencias de aprendizaxe.
Os módulos dos que consta a formación son os seguintes:
- Buscas temáticas
- Perfís de autor
- Métricas
- Interface de Programación de Aplicacións (API)
- Perfís institucionais
- Planificación de actividades de difusión dirixidas aos usuarios.
É obrigatorio completar os seis módulos e participar no grupo de discusión para obter o “Scopus Certified Librarian”.
Podes inscribirte picando neste enlace, ou a través da Intranet da BUSC.
Para máis información sobre o curso, consulta esta páxina de Elsevier.