Pasar al contenido principal

Seminario web con inscrición previa

Programa de Certificación Scopus para bibliotecarios e documentalistas (en español)

28.10.2024-11.12.2024

Scopus oferta unha formación de seis semanas orientada a desenvolver novas habilidades e competencias relacionadas coa investigación e a avaliación, coa creación de programas de apoio aos usuarios e o intercambio de experiencias de aprendizaxe.

A formación ofertada por Scopus ten unha duración de seis semanas, dividida en seis módulos
A formación ofertada por Scopus ten unha duración de seis semanas, dividida en seis módulos

Os módulos dos que consta a formación son os seguintes: 

  • Buscas temáticas
  • Perfís de autor
  • Métricas 
  • Interface de Programación de Aplicacións (API)
  • Perfís institucionais 
  • Planificación de actividades de difusión dirixidas aos usuarios.

É obrigatorio completar os seis módulos e participar no grupo de discusión para obter o “Scopus Certified Librarian”.

Podes inscribirte picando neste enlace, ou a través da Intranet da BUSC.

Para máis información sobre o curso, consulta esta páxina de Elsevier.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 25.09.2024.