Skip to main content

Nova edición do Outono Biofest en Bioloxía

Os corredores do centro albergan moitas das actividades
Os corredores do centro albergan moitas das actividades
Ata o 4 de outubro haberá exhibicións nos corredores do centro, visitas a laboratorios, charlas e mesas redondas

A Facultade de Bioloxía acolle durante toda esta semana a segunda edición do Outono Biofest, unha acción divulgativa do labor de investigación que se desenvolve no propio centro e no CIBUS aberta a toda a comunidade universitaria así como ao alumnado e profesorado de institutos de ensino secundario.

O programa de actividades inclúe visitas guiadas aos laboratorios dos grupos de investigación, un café-coloquio con novas investigadoras organizado pola Comisión de Normalización Lingüística do centro, charlas, actuacións musicais e mesas de exhibición tanto de grupos de investigación como de distintas asociacións (COBGA, BIOGA, INVESTIGAL, GALBIOTEC) no corredor da facultade. Todas estas actividades son complementadas cunha exhibición de pósteres de congreso elaborados polos grupos de investigación, acompañados por pequenas explicacións das liñas de investigación realizadas polo alumnado.  

O Outono Biofest finánciase cunha axuda para actividades de dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural nos centros da USC (2024). Todas as actividades poden seguirse polas contas de Instagram tanto da Facultade de Bioloxía (@facultadebioloxiausc) como da biblioteca da Facultade (@busc_bioloxia).
 

As actividades alongaranse ata o venres
As actividades alongaranse ata o venres
The contents of this page were updated on 10.02.2024.